Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6397

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 20 de xaneiro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 2822, no artigo 20.5.e.2), onde di:

«Poda ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 3 m, naquelas masas con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm, unha altura media entre 4 e 7 m e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha».

Debe dicir:

«Poda ata unha altura de de 2 m, naquelas masas con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm, unha altura media entre 4 e 7 m e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha.

A actuación da poda comportará o posterior acordoado e eliminación dos restos con rozadora de martelos ou similar».

Na páxina 2825, no artigo 21.2, onde di:

Ha

Poda baixa en masas de coníferas

574,8

80 %

Debe dicir:

Ha

Poda baixa en masas de coníferas

1.018,23

80 %

En todos aqueles expedientes en que a solicitude presentada recolle a unidade de poda baixa en masas de coníferas, procederase á actualización automática do prezo unitario e total da actuación así como o do total do expediente sen necesidade de que presenten documentación complementaria os solicitantes afectados.

Estas correccións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.