Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2013/141-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2013/141-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS 20 kV CT 400 kVA e reforma do CT 15CZ58 (expte. 51.555) no lugar de Xarás, Monte Alberte.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,319 km, coa orixe en nova cela libre do CT polígono de Xarás, nº II (expediente 51.555), reformado, en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-(1×240) Al e final no centro de tranformación proxectado.

Centro de tranformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma centro de transformación existente, polígono Xarás, nº II, cunha potencia de 400 kVA e una relación de transformación de 20.000/400-230 V, consistente na instalación de novas celas compactas 2L+1P.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña