Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6200

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 20/2015, do 29 de xaneiro, de racionalización de órganos colexiados da Xunta de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 39, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a creación e estruturación da súa propia Administración pública, dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado.

Posteriormente, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, consagraría como principios de actuación desta Administración autonómica, entre outros, os de eficacia e coordinación entre os seus órganos.

En desenvolvemento destes mandatos, a Xunta de Galicia foi creando, ao longo das súas máis de tres décadas de existencia, un abondoso número de comisións, comités asesores, observatorios e consellos, encargados da coordinación entre departamentos ou da participación de determinados colectivos nos procesos de toma de decisións.

O réxime xurídico xeral destes órganos colexiados non sería regulado por unha lei autonómica ata a aprobación da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Esta norma contribuíu a homoxeneizar o mapa de órganos colexiados da Xunta de Galicia, establecendo unha serie de características e normas de funcionamento comúns a todos eles, con excepción do Consello da Xunta e das súas comisións delegadas.

Porén, os principios de eficacia e coordinación aconsellan acometer non só esa homoxeneización dos órganos colexiados, senón unha racionalización do seu mapa total, reducindo o seu número para evitar duplicidades entre eles ou con outros organismos da Administración autonómica.

Nese sentido, hai que lembrar que a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, estableceu no seu artigo 2 un novo principio reitor do noso sector público: o de estrutura e dimensión estritamente necesarias.

En cumprimento dese obxectivo, e con carácter previo á súa consolidación legal, a Xunta de Galicia levou a cabo varias actuacións sobre os órganos colexiados da Administración xeral, como puideron ser a fusión do Observatorio da Sociedade da Información (OGSI) e o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (OCEG) a través do Decreto 21/2010, do 4 de febreiro, polo que se crea e se regula o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, ou a integración do Consello Galego da Industria, o Consello Galego da Minaría e o Consello Galego de Comercio nun único Consello Galego de Economía e Competitividade, creado pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Non obstante, a necesidade de racionalización da estrutura administrativa impón superar as actuacións illadas e acometer unha reordenación global do mapa de órganos colexiados da Xunta de Galicia, axustándoo ás necesidades actuais e eliminando aqueles que ou ben se solapan coas competencias doutros órganos ou ben se amosaron de pouca utilidade efectiva ao careceren de actividade real.

Así mesmo, o principio de seguridade xurídica e transparencia recomenda modificar os decretos de estrutura orgánica das diferentes consellerías para reflectir neles a totalidade de órganos colexiados adscritos, garantindo a constancia da existencia de todos eles, así como a derrogación expresa das disposicións normativas que crean e regulan os órganos colexiados que se suprimen.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1. Supresión de órganos colexiados do eido competencial do Consello da Xunta de Galicia

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial do Consello da Xunta de Galicia:

a) A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para o Medio Ambiente, creada polo Decreto 239/1999, do 29 de xullo.

b) A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para o Emprego Xuvenil, creada polo Decreto 17/1994, do 4 de febreiro.

Artigo 2. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Presidencia da Xunta de Galicia

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Presidencia da Xunta de Galicia:

a) A Comisión Mixta de Vixilancia das Axencias de Viaxes, creada polo Decreto 178/1984, do 29 de novembro.

b) A Comisión de Valoración das Actividades e Proxectos que Obteñan a Declaración de Interese para a Promoción do Camiño de Santiago, creada pola Orde do 7 de marzo de 1995.

Artigo 3. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

a) A Comisión Central de Racionalización Administrativa, creada polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

b) A Comisión Provincial de Racionalización Administrativa da Coruña, creada polo Decreto 340/1994, do 17 de novembro.

c) A Comisión Provincial de Racionalización Administrativa de Lugo, creada polo Decreto 340/1994, do 17 de novembro.

d) A Comisión Provincial de Racionalización Administrativa de Ourense, creada polo Decreto 340/1994, do 17 de novembro.

e) A Comisión Provincial de Racionalización Administrativa de Pontevedra, creada polo Decreto 340/1994, do 17 de novembro.

f) A Comisión Galega de Obxección de Conciencia para a Prestación Social Substitutoria do Servizo Militar, creada polo Decreto 41/1995, do 3 de febreiro.

g) A Xunta Coordinadora de Edificios Administrativos, creada polo Decreto 249/1983, do 24 de novembro.

h) A Comisión Coordinadora do Edificio Administrativo da Coruña, creada polo Decreto 179/1997, do 10 de xullo.

i) A Comisión Coordinadora do Edificio Administrativo de Lugo, creada polo Decreto 179/1997, do 10 de xullo.

j) A Comisión Coordinadora do Edificio Administrativo de Ourense, creada polo Decreto 179/1997, do 10 de xullo.

k) A Comisión Coordinadora do Edificio Administrativo de Pontevedra, creada polo Decreto 179/1997, do 10 de xullo.

l) A Comisión Galega de Validación e Adaptación Telemática de Procedementos da Administración Local para a Tramitación Electrónica, creada pola Resolución do 29 de decembro de 2010.

Artigo 4. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

a) O Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sustentable, creado polo Decreto 581/2005, do 15 de decembro.

b) O Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia, creado polo Decreto 148/2007, do 19 de xullo.

Artigo 5. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Economía e Industria

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Economía e Industria:

a) A Comisión Coordinadora para a Presenza da Xunta en Certames Feirais, creada polo Decreto 293/1990, do 9 de maio.

b) A Comisión Coordinadora de Axudas a Establecementos Balnearios e Explotacións de Augas Minerais, Termais e de Manancial, creada polo Decreto 401/1996, do 31 de outubro.

c) A Comisión de Seguimento da Calidade do Servizo Eléctrico de Galicia, creada pola Orde do 29 de xullo de 2002.

d) O Observatorio Galego dos Empresarios Individuais, Profesionais e Traballadores, creado pola Resolución do 21 de marzo de 2003.

e) A Comisión Técnica Enerxética, creada polo Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro.

f) A Comisión Interdepartamental de Seguimento da Tramitación de Infraestruturas Eléctricas, creada polo Decreto 126/2010, do 22 de xullo.

Artigo 6. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

a) A Comisión de Lingüística, creada polo Decreto 43/1979, do 21 de setembro.

b) O Consello Rexional da Lectura, creado pola Orde do 19 de xaneiro de 1981.

c) A Comisión Técnica Asesora para o Desenvolvemento do Ensino, da Lingua e Literatura Galegas, creada pola Orde do 11 de agosto de 1982.

d) O Consello de Educación de Galicia, creado polo Decreto 95/1983, do 9 de xuño.

e) A Comisión de Promoción do Ensino do Galego nas Universidades Situadas Fóra de Galicia, creada pola Orde do 17 de maio de 1988.

f) A Comisión de Selección da Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

Artigo 7. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Sanidade

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Sanidade:

a) A Comisión Galega de Acreditación, Avaliación e Control do Programa de Tratamento con Opiáceos, creada polo Decreto 341/1998, do 12 de novembro.

b) O Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996.

c) A Comisión Asesora en Materia de Saúde Mental, creada pola Orde do 12 de novembro de 1986.

d) O Comité de Enlace e Coordinación da Comunidade Autónoma de Galicia en Materia de Atención Psiquiátrica, creado pola Orde do 25 de marzo de 1987.

e) A Comisión Asesora en Materia de Ordenación Sanitaria, creada pola Orde do 16 de marzo de 1990.

f) O Consello Asesor Técnico de Saúde Pública e Administración Sanitaria, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

g) O Consello Asesor Técnico de Atención Primaria, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

h) O Consello Asesor Técnico de Especialidades Médicas, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

i) O Consello Asesor Técnico de Especialidades Cirúrxicas, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

j) O Consello Asesor Técnico de Especialidades de Apoio, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

k) O Consello Asesor Técnico de Enfermaría, creado polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro.

l) A Comisión Tripartita para o Desenvolvemento do Programa de Intervención en Drogodependencias no Ámbito Laboral, creada polo Decreto 341/1998, do 12 de novembro.

m) O Observatorio de Galicia sobre Drogas, creado pola Orde do 4 de agosto de 1995.

n) A Comisión de Coordinación Interconsellerías sobre Drogas, creada polo Decreto 341/1998, do 12 de novembro.

ñ) A Comisión de Coordinación Interadministracións Públicas sobre Drogas, creada polo Decreto 341/1998, do 12 de novembro.

o) A Comisión de Coordinación con Organizacións non Gobernamentais sobre Drogas, creada polo Decreto 341/1998, do 12 de novembro.

p) A Comisión Asesora de Publicacións da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, creada pola Orde do 5 de marzo de 1997.

q) A Comisión Asesora de Información Sanitaria da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, creada pola Orde do 10 de xuño de 1999.

r) O Comité Galego de Expertos en Encefalites Esponxiformes Transmisibles, creado pola Orde do 8 de xuño de 2001.

s) O Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 41/2008, do 28 de febreiro.

t) O Comité Científico do Plan Galego de Preparación e Resposta á Pandemia de Gripe, creado pola Orde do 29 de xuño de 2009.

Artigo 8. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Traballo e Benestar

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería de Traballo e Benestar:

a) A Comisión Interdepartamental de Prevención e Integración dos Minusválidos, creada polo Decreto 447/1990, do 20 de setembro.

b) O Consello Galego das Persoas Maiores, creado polo Decreto 253/2000, do 5 de outubro.

c) O Comité Interdepartamental das Cualificacións e a Formación Profesional, creado polo Decreto 262/2002, do 31 de xullo.

d) O Consello Galego de Persoas con Discapacidade, creado polo Decreto 300/2002, do 24 de outubro.

Artigo 9. Supresión de órganos colexiados do eido competencial da Consellería do Medio Rural e do Mar

Suprímense os seguintes órganos colexiados do eido competencial da Consellería do Medio Rural e do Mar:

a) O Consello Galego de Control dos Rendementos Produtivos do Gando, creado polo Decreto 270/1989, do 29 de novembro.

b) O Consello Galego de Seguridade Alimentaria, creado polo Decreto 286/2000, do 1 de decembro.

c) A Comisión Técnica de Ensinanzas Náutico-Pesqueiras, regulada polo Decreto 427/1993, do 17 de decembro.

Disposición adicional única. Referencias normativas

1. As referencias feitas na Orde do 15 de maio de 2000 á Comisión Galega de Acreditación, Avaliación e Control do Programa de Tratamento con Opiáceos entenderanse feitas ao Servizo de Prevención e Condutas Adictivas.

2. As referencias feitas no artigo 13 do Decreto 41/2008 ao Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias entenderanse feitas ao Servizo de Prevención e Condutas Adictivas.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas expresamente as seguintes disposicións:

1. O Decreto 43/1979, do 21 de setembro, polo que se crea a Comisión de Lingüística.

2. A Orde do 19 de xaneiro de 1981 pola que se establece a composición do Consello Rexional da Lectura.

3. A Orde do 11 de agosto de 1982 sobre a constitución da Comisión Técnica Asesora para o Desenvolvemento do Ensino, da Lingua e Literatura Galegas.

4. O Decreto 95/1983, do 9 de xuño, polo que se determina a composición e funcións do Consello de Educación de Galicia.

5. A disposición adicional segunda do Decreto 249/1983, do 24 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia.

6. O Decreto 178/1984, do 29 de novembro, sobre creación, composición e funcionamento da Comisión Mixta de Vixilancia das Axencias de Viaxes.

7. A Orde do 12 de novembro de 1986 pola que se crea a Comisión Asesora en Materia de Saúde Mental.

8. A Orde do 25 de marzo de 1987 pola que se crea o Comité de Enlace e Coordinación da Comunidade Autónoma de Galicia en Materia de Atención Psiquiátrica.

9. A Orde do 17 de maio de 1988 pola que se crea a Comisión de Promoción do Ensino do Galego nas Universidades Situadas Fóra de Galicia.

10. O Decreto 270/1989, do 29 de novembro, polo que se crea o Consello Galego de Control dos Rendementos Produtivos do Gando.

11. Os artigos 1 a 4 do Decreto 186/1990, do 1 de marzo, de creación da Comisión de Racionalización Administrativa e de Revisión da Normativa Legal.

12. A Orde do 16 de marzo de 1990 pola que se crea a Comisión Asesora en Materia de Ordenación Sanitaria.

13. O Decreto 293/1990, do 9 de maio, polo que se crea a Comisión Coordinadora para a Presenza da Xunta de Galicia en Certames Feirais.

14. O Decreto 447/1990, do 20 de setembro, polo que se crea a Comisión Interdepartamental de Prevención e Integración dos Minusválidos.

15. O Decreto 535/1990, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 2 do Decreto 186/1990, do 1 de marzo, de creación da Comisión de Racionalización Administrativa e de Revisión da Normativa Legal.

16. O Decreto 379/1991, do 20 de setembro, polo que se crean os consellos asesores técnicos da Consellería de Sanidade.

17. O Decreto 218/1993, do 24 de setembro, polo que se crea a Comisión Tripartita de Prevención e Integración de Drogodependentes.

18. O Decreto 427/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os órganos asesores e consultivos da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

19. O Decreto 17/1994, do 4 de febreiro, polo que se crea a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para o Emprego Xuvenil.

20. O Decreto 340/1994, do 17 de novembro, de creación das comisións provinciais de racionalización administrativa.

21. O Decreto 41/1995, do 3 de febreiro, de creación da Comisión Galega de Obxección de Conciencia para a Prestación Social Substitutoria do Servizo Militar.

22. A Orde do 7 de marzo de 1995 pola que se nomea a Comisión de Valoración das Actividades e Proxectos que Obteñan a Declaración de Interese para a Promoción do Camiño de Santiago.

23. A Orde do 4 de agosto de 1995 pola que se crea o Observatorio de Galicia sobre Drogas.

24. A Orde do 11 de xuño de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

25. A Orde do 2 de outubro de 1996 pola que se modifica a do 12 de novembro de 1986 pola que se crea a Comisión Asesora en Materia de Saúde Mental.

26. O Decreto 401/1996, do 31 de outubro, polo que se crea a Comisión Coordinadora de Axudas a Establecementos Balnearios e Explotacións de Augas Minerais, Termais e de Manancial, e se regula a súa composición e funcións.

27. A Orde do 5 de marzo de 1997 pola que se regula a Comisión Asesora de Publicacións da Consellería de Sanidade e Asuntos Sociais.

28. O Decreto 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

29. O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, polo que se crea a Comisión de Selección de Investigación.

30. O Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e o funcionamento dos órganos colexiados na área das drogodependencias.

31. A Orde do 10 de xuño de 1999 pola que se regula a Comisión Asesora de Información Sanitaria da Consellería de Sanidade e Asuntos Sociais.

32. O Decreto 239/1999, do 29 de xullo, polo que se regulan a composición e as funcións da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para o Medio Ambiente.

33. O Decreto 253/2000, do 5 de outubro, polo que se crea e se regula o Consello Galego das Persoas Maiores.

34. O Decreto 286/2000, do 1 de decembro, polo que se crea o Consello Galego de Seguridade Alimentaria.

35. A Orde do 8 de xuño do 2001 pola que se crea o Comité Galego de Expertos en Encefalites Esponxiformes Transmisibles.

36. O Decreto 223/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos órganos colexiados na área das drogodependencias.

37. A Orde do 29 de xullo de 2002 pola que se establecen os procedementos e información en materia de calidade da subministración eléctrica e se crea a Comisión de Seguimento da Calidade do Servizo Eléctrico de Galicia.

38. O Decreto 262/2002, do 31 de xullo, polo que se crea o Comité Interdepartamental das Cualificacións e a Formación Profesional e a Comisión Permanente dos Directores Xerais.

39. O Decreto 300/2002, do 24 de outubro, polo que se crea e se regula o Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

40. O acordo de creación do Observatorio Galego dos Empresarios Individuais, Profesionais e Traballadores Autónomos, feito público pola Resolución do 21 de maio de 2003.

41. O Decreto 581/2005, do 15 de decembro, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sustentable.

42. O Decreto 107/2006, do 15 de xuño, polo que se modifica o Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e o funcionamento dos órganos colexiados na área das drogodependencias.

43. O Decreto 148/2007, do 19 de xullo, polo que se determina a creación, composición e funcionamento do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia.

44. Os artigos 6 a 9 do Decreto 41/2008, do 28 de febreiro, polo que se establecen os criterios básicos para a autorización dos programas e actividades de prevención en drogodependencias e se constitúe o Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

45. O artigo 6 do Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.

46. A Orde do 29 de xuño de 2009 pola que se crea o Comité Científico do Plan Galego de Preparación e Resposta á Pandemia de Gripe.

47. O Decreto 126/2010, do 22 de xullo, polo que se crea a Comisión Interdepartamental de Seguimento da Tramitación de Infraestruturas Eléctricas.

48. A Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se crea a Comisión Galega de Validación e Adaptación Telemática de Procedementos da Administración Local para a Administración Electrónica.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia

Engádese un novo punto 4 ao artigo 1 do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

«4. Quedan adscritos aos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, segundo o disposto nas súas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, creado polo Decreto 276/1999, do 21 de outubro, á Secretaría Xeral de Medios.

b) O Consello de Comunidades Galegas, regulado pola Lei 7/2013, do 13 de xuño, á Secretaría Xeral da Emigración.

c) O Comité Galego de Xustiza Deportiva, regulado pola Lei 3/2012, do 2 de abril, e polo Decreto 120/2013, do 24 de xullo, á Secretaría Xeral para o Deporte.

d) A Comisión Galega de Control da Violencia, creada pola Lei 3/2012, do 2 de abril, á Secretaría Xeral para o Deporte.

e) A Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe, creada pola Lei 3/2012, do 2 de abril, á Secretaría Xeral para o Deporte.»

Disposición derradeira segunda. Modificación do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Modifícase o punto 4 do artigo 3 do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que queda redactado do seguinte xeito:

«4. Así mesmo, quedan adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio, e os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego das Mulleres, regulado polo Decreto 157/2012, do 5 de xullo.

b) O Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a súa Comisión Asesora de Publicidade non Sexista, regulados polo Decreto 157/2012, do 5 de xullo.

c) A Comisión Interdepartamental da Igualdade, regulada polo Decreto 157/2012, do 5 de xullo.

d) A Comisión Central de Revisión da Normativa Legal, creada polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

e) A Comisión de Toponimia, regulada polo Decreto 43/1984, do 5 de xuño.

f) A Comisión Central da Coordinación de Parques Móbiles, regulada polo Decreto 327/1994, do 3 de novembro.

g) A Comisión Paritaria de Seguimento e Interpretación do Acordo de Participación en Materia de Prevención de Riscos Laborais, o Comité de Seguridade e Saúde Laboral Intercentros da Administración xeral da Xunta de Galicia e os comités de seguridade e saúde laboral dos servizos centrais, da Administración de xustiza e dos distintos edificios administrativos da Xunta de Galicia, creados pola Resolución do 29 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

h) A Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Galego, regulada polo Decreto 107/1999, do 8 de abril.

i) As comisións de asistencia xurídica gratuíta da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.

j) A Mesa Sectorial da Administración de xustiza en Galicia.

k) A Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, creada polo Decreto 46/2009, do 26 de febreiro.

l) A Comisión Autonómica e a Comisión Técnica para a Implantación da Nova Oficina Xudicial, creadas polo Decreto 427/2009, do 19 de novembro.

m) A Comisión Galega de Cooperación Local, creada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

n) A Comisión Galega de Delimitación Territorial, creada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

ñ) A Comisión de Heráldica, regulada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

o) A Comisión Paritaria de Formación Local de Galicia, creada polo Decreto 13/2014, do 30 de xaneiro.

p) A Comisión de Seguimento de Disposicións Normativas Estatais e Doutras Comunidades Autónomas, creada polo Decreto 379/2009, do 27 de agosto.

q) A Comisión do Xogo de Galicia, creada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro.

r) A Comisión de Coordinación das Policías Locais e o seu Gabinete Técnico, regulados pola Lei 4/2007, do 20 de abril.

s) A Comisión Galega de Protección Civil, regulada pola Lei 5/2007, do 7 de maio.

t) O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, creado pola Lei 3/2003, do 19 de xuño.

u) O Consello de Acción Exterior de Galicia, creado polo Decreto 368/2009, do 30 de xullo.

v) As comisións territoriais de coordinación das delegacións territoriais, reguladas polo Decreto 245/2009, do 30 de abril.

w) O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, regulado polo Decreto 45/2001, do 1 de febreiro.»

Disposición derradeira terceira. Modificación do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda

Modifícase o punto 3 do artigo 2 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, que queda redactado do seguinte xeito:

«3. Adscritos á Consellería existirán os órganos colexiados seguintes:

a) A Xunta Superior de Facenda, creada coa denominación de Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulada polo Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, que modificou a súa denominación en virtude do exposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) O Consello Galego de Estatística, creado pola Lei 9/1988, do 19 de xullo.

c) A Comisión Orzamentaria da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, creada polo Decreto 206/1996, do 24 de maio.

d) A Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios, regulada no Decreto 139/2012, do 29 de xuño.

e) A Comisión de Nóminas, creada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de marzo de 2000.

f) A Comisión de Seguimento e Control do Gasto Corrente, creada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2000.

g) A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e regulada no artigo 20 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no Decreto 156/1988, do 9 de xuño.

h) O Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega, creado polo Decreto 143/2008, do 3 de xullo.»

Disposición derradeira cuarta. Modificación do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Modifícase o punto 2 do artigo 3 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que queda redactado do seguinte xeito:

«2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1.d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

b) A Comisión de Seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, creada polo Decreto 156/2012, do 12 de xullo.

c) O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

d) O Observatorio Galego da Biodiversidade, creado polo Decreto 260/2007, do 13 de decembro.

e) O Observatorio Galego de Educación Ambiental, regulado polo Decreto 193/2012, do 27 de setembro.

f) O Consello Galego de Transportes, regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

g) O Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, creado polo Decreto 251/1998, do 2 de abril.

h) O Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

i) Os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

j) O Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

k) Os comités provinciais de caza. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

l) A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, regulada polo Decreto 172/2012, do 1 de agosto.»

Disposición derradeira quinta. Modificación do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria

1. Modifícase o punto 2 do artigo 35 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que queda redactado do seguinte xeito:

«2. Así mesmo, quedan adscritos a esta consellería:

a) O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

b) O Laboratorio de Consumo de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo.

c) A Real Academia Galega de Ciencias, a través da Axencia Galega de Innovación.»

2. Engádese un novo punto 3 ao artigo 35, que queda redactado da seguinte maneira:

«3. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Economía e Industria, co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego de Economía e Competitividade, creado pola Lei 9/2013, do 19 de decembro.

b) A Comisión de Prezos de Galicia, regulada polo Decreto 106/1984, do 24 de maio.

c) O Consello Galego de Consumidores e Usuarios, creado polo Decreto 127/1998, do 23 de abril.

d) A Comisión Galega da Artesanía, creada pola Lei 1/1992, do 10 de marzo.

e) O Observatorio do Comercio de Galicia, creado pola Lei 13/2010, do 17 de decembro.

f) O Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia e o Observatorio de Innovación de Galicia, creados pola Lei 5/2013, do 17 de setembro.»

Disposición derradeira sexta. Modificación do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Modifícase o punto 3 do artigo 2 Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que queda redactado do seguinte xeito:

«3. Así mesmo, están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

A nivel central:

a) O Consello Asesor do Libro, regulado polo Decreto 178/2007, do 13 de setembro.

b) O Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia e a Comisión Permanente de Publicacións, regulados polo Decreto 196/2001, do 26 de xullo, polo que se regulan as publicacións da Xunta de Galicia.

c) O Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, regulado pola Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

d) O Consello de Arquivos de Galicia e o Consello de Avaliación Documental de Galicia, creados pola Lei 7/2014, do 26 de setembro.

e) O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, regulado polo Decreto 122/2012, do 10 de maio.

f) O Comité Asesor do Camiño de Santiago, regulado polo Decreto 46/2007, do 8 de marzo, modificado polo Decreto 225/2010, do 30 de decembro.

g) A Xunta Superior de Museos de Galicia, regulada polo Decreto 314/1986, do 16 de outubro.

h) O Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, regulado polo Decreto 17/1987, do 22 de xaneiro.

i) O Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, regulado polo Decreto 326/1996, do 26 de xullo.

j) O Consello Escolar de Galicia, creado pola Lei 3/1986, do 18 de decembro.

k) A Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, creada polo Decreto 58/2006, do 30 de marzo.

l) A Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística, creada polo Decreto 258/2006, do 28 de decembro.

m) O Consello Galego de Universidades, regulado pola Lei 6/2013, do 13 de xuño.

n) O Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia, creado polo Decreto 104/2011, do 11 de maio.

ñ) O Consello Galego de Formación Profesional, creado polo Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo.

o) O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro.

A nivel territorial:

As comisións territoriais do patrimonio histórico galego, reguladas polo Decreto 39/2007, do 8 de marzo, modificadas polo Decreto 103/2010, do 17 de xuño.»

Disposición derradeira sétima. Modificación do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade

Engádese un novo artigo 17 bis ao Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, co seguinte contido:

«Artigo 17 bis. Outros órganos colexiados

Así mesmo, están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

a) A Comisión Interdepartamental de Coordinación da Atención Sociosanitaria de Galicia, creada pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, e o Comité de Planificación de Atención Sociosanitaria adscrito a ela, creado pola Orde do 7 de agosto de 2009.

b) O Consello para a Innovación en Materia Sanitaria, creado polo Decreto 22/2013, do 24 de xaneiro.

c) A Comisión de Coordinación da Calidade, creada pola Orde do 7 de xullo de 2004.

d) A Comisión Autonómica de Formación Continuada dos Profesionais Sanitarios, creada polo Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro.

e) A Comisión Técnica Asesora de Bibliosaúde, creada pola Orde do 8 de xuño de 2011.

f) A Comisión Galega de Coordinación e Seguimento da Actividade fronte á Infección polo Mycobacterium Tuberculosis, creada pola Orde do 21 de maio de 2008.

g) A Comisión Galega para Avaliación do Manexo da Tuberculose Resistente a Fármacos, regulada pola Orde do 17 de decembro de 2013.

h) A Comisión Galega de Enfermidades Inmunoprevibles, creada pola Orde do 4 de outubro de 2013.

i) A Comisión Galega de Coordinación e Seguimento da Actividade fronte á Infección por VIH/SIDA e Outras Infeccións de Transmisión Sexual, creada pola Orde do 18 de novembro de 2014.

j) A Comisión Asesora sobre Diabetes, creada pola Orde do 30 de marzo de 1987.

k) A Comisión Asesora sobre Cancro Xenital e de Mama, creada pola Orde do 10 de abril de 1987.

l) A Comisión Técnica Asesora sobre Equipamento en Diagnóstico pola Imaxe e Radioterapia, creada pola Orde do 6 de febreiro de 2003.»

Disposición derradeira oitava. Modificación do Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde

Modifícase o artigo 22, de modificación do Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 22. Os órganos de coordinación e asesoramento do Servizo Galego de Saúde

a) Consello Asesor Técnico.

O Consello Asesor Técnico é o órgano colexiado encargado do asesoramento técnico no ámbito do Servizo Galego de Saúde. A súa composición, funcións e réxime xurídico regularanse por medio dunha orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade.

b) Consello Asesor de Pacientes.

O Consello Asesor de Pacientes é o órgano de asesoramento do Servizo Galego de Saúde que ten como finalidade a mellora da seguridade dos e das pacientes, familiares e das persoas coidadoras, fomentando os niveis de participación e facilitándolles aos e ás pacientes a información necesaria para a toma de decisións, nos termos expresados na Orde da Consellería de Sanidade do 22 de agosto de 2011.

c) A Comisión Técnica de Mantemento, creada pola Orde do 13 de novembro de 2001.

d) O Observatorio da Violencia no Contorno Laboral, creado polo Decreto 163/2010, do 16 de setembro.

e) A Comisión Galega de Estratexia Contra a Dor, creada polo Decreto 60/2012, do 26 de xaneiro.

f) O Comité Asesor para a Utilización Terapéutica da Hormona de Crecemento e Substancias Relacionadas, creada pola Orde do 10 de setembro de 1991.

g) A Comisión Asesora en Materia de Oncoloxía, creada pola Orde do 24 de maio de 2000.

h) A Comisión Galega de Bioética, creada pola Orde do 13 de febreiro de 2001.

i) A Comisión de Consentimento Informado, creada polo Decreto 247/2002, do 18 de xullo.

j) A Comisión Autonómica Central de Farmacia e Terapéutica, creada pola Orde do 9 de abril de 2010.

k) A Comisión Asesora en Psicoxeriatría, creada pola Orde do 15 de xullo de 1998.

l) A Comisión Asesora en Materia de Garantía de Calidade en Radiodiagnóstico, creada pola Orde do 31 de xullo de 2001.

m) A Comisión Asesora para a Implantación da Técnica de Tomografía por Emisión de Positróns, creada pola Orde do 4 de xaneiro de 2002.»

Disposición derradeira novena. Modificación do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar

Modifícase o punto 2 do artigo 3 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, que queda redactado do seguinte xeito:

«2. Así mesmo, están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

a) O Consello Galego de Cooperativas, creado pola Lei 5/1998, do 18 de decembro.

b) O Consello Galego do Traballo Autónomo, creado polo Decreto 19/2013, do 17 de xaneiro.

c) O Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais de emprego e os comités territoriais de emprego, creados polo Decreto 192/2011, do 29 de setembro.

d) A Comisión Galega de Formación Profesional Continua, creada polo Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro.

e) A Comisión Interdepartamental de Servizos Sociais e Inclusión Social, creada pola Lei 13/2008, do 3 de decembro.

f) O Consello Galego de Benestar, creado pola Lei 13/2008, do 3 de decembro.

g) A Comisión Técnica de Accesibilidade e o Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, creados pola Lei 8/1997, do 20 de agosto.

h) O Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, creados pola Lei 3/2011, do 30 de xuño.

i) O Consello Autonómico da Atención Temperá e a súa Comisión Técnica, creados polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro.

j) O Consello Galego de Acción Voluntaria e o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, creados pola Lei 10/2011, do 28 de novembro.

k) O Comité Galego de Políticas de Xuventude, creado pola Lei 6/2012, do 19 de xuño.

l) O Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia e o seu Observatorio da Xuventude, creados pola Lei 6/2012, do 19 de xuño.

m) O Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro.

n) O Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 147/2011, do 30 de xuño.»

Disposición derradeira décima. Modificación do Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar

Modifícase o artigo 20 do Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 20. Órganos colexiados

Están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

a) Os xurados provinciais de montes veciñais en man común. A presidencia dos xurados será asumida polas respectivas xefas ou xefes territoriais e as secretarías por funcionarios/as designados/as polas persoas titulares da presidencia.

b) Os comités territoriais de montes. A presidencia dos devanditos comités será asumida polos/as respectivos/as xefes ou xefas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e as secretarías por funcionarios/as designados/as polas persoas titulares da presidencia.

c) O Consello Forestal de Galicia, creado polo Decreto 306/2004, do 2 de decembro.

d) O Comité Fitosanitario Galego, creado polo Decreto 60/2014, do 15 de maio.

e) O Consello Agrario Galego, creado pola Lei 1/2006, do 5 de xuño.

f) O Comité de Bioética, creado pola Orde do 15 de setembro de 2006.

g) O Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, creado polo Decreto 61/2007, do 22 de marzo.

h) A Mesa de Coordinación do Control da Cadea Alimentaria, creada polo Decreto 139/2014, do 23 de outubro.

i) O Consello Galego de Pesca, regulado polo Decreto 123/2011, do 16 de xuño.

j) O Comité Científico Galego da Pesca, regulado polo Decreto 72/2011, do 31 de marzo.

k) A Comisión Galega de Mergullo Profesional, creada pola Orde do 20 de xuño de 2006.

l) A Comisión do Mexillón, creada pola Orde do 28 de decembro de 2010.

m) O Comité Técnico da Acuicultura, creado pola Orde do 20 de xullo de 2012.»

Disposición derradeira décimo primeira. Modificación do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos

Modifícase o punto 2 da disposición adicional décima do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, que queda redactado do seguinte xeito:

«2. Quedan adscritos á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, co carácter, labores e funcións establecidos nos súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, creado polo Decreto 21/2010, do 4 de febreiro.

b) A Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, creada polo Decreto 73/2014, do 12 de xuño.»

Disposición derradeira décimo segunda. Comisión Galega de Protección Civil

No prazo dun ano, a Xunta de Galicia aprobará un novo decreto regulador da Comisión Galega de Protección Civil a través do cal serán suprimidas a Comisión Galega de Risco de Incendios, a Comisión Galega do Risco Químico, a Comisión Galega de Transporte de Mercadorías Perigosas, a Comisión de Seguridade Viaria e a Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca.

Disposición derradeira décimo terceira. Habilitación para levar a cabo propostas de modificacións lexislativas

As persoas titulares das diferentes consellerías adoptarán as medidas necesarias tendentes a extinguir os seguintes órganos colexiados:

a) O Observatorio Galego da Paisaxe, con atribución das súas funcións de xeito permanente ao Instituto de Estudos do Territorio.

b) O Consello Asesor do Instituto Galego de Promoción Económica, regulado no Decreto 317/1992, do 10 de xuño.

c) O Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, previsto na Lei 9/1992, do 24 de xullo.

d) A Comisión Técnica de Arqueoloxía, prevista na Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) A Comisión Técnica de Etnografía, prevista na Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A Comisión Sectorial de Cualificación e Formación Profesional, creada polo Decreto 263/2002, do 31 de xullo.

g) A Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación, creada polo Decreto 296/2008, do 30 de decembro.

As medidas que se van adoptar comprenderán todos os trámites previos preceptivos para que o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun ano, aprobe os proxectos de modificacións normativas ou lexislativas indispensables para eses efectos.

Disposición derradeira décimo cuarta. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as persoas titulares das consellerías para ditar e modificar, no eido das súas competencias, cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Disposición derradeira décimo quinta. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza