Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014152AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 2 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014152AL-OU a José Manuel Gómez Suárez, DNI 32749939-D, con enderezo no lugar de Santo Alberte, nº 32, Moreiras-Toén (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Manuel Gómez Suárez, DNI 32749939-D, con enderezo no lugar de Santo Alberte, nº 32, Moreiras-Toén (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada
Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerá proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de xaneiro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014152AL-OU.

Interesado: José Manuel Gómez Suárez.

DNI/NIF/CIF: 32749939-D.

Último enderezo coñecido: lugar de Santo Alberte, nº 32, Moreiras-Toén (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).