Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014137AM-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014137AM-LU, incoado a Rafael Sandoval Pérez, titular do Albergue Internacional, sito na rúa Maior, 57, de Sarria.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rafael Sandoval Pérez o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, se é caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 19 de xaneiro de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014137AM-LU.

Interesado: Rafael Sandoval Pérez, titular do Albergue Internacional, sito na rúa Maior, 57, de Sarria.

NIF: 10837531T.

Último enderezo coñecido: rúa Maior, 57, 27600 Sarria.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose (BOE núm. 171, do 18 de xullo): artigo 8.2 e anexos 3Aa) e 3B, en relación co previsto no artigo 5, e artigo 14.2.d).

– Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade (BOE núm. 102, do 29 de abril): artigo 35.b.1.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).