Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO 02/2014, por infracción en materia de comercio.

Con data do 3 de decembro de 2014, o xefe territorial de Vigo da Consellería de Economía e Industria ditou resolución do expediente sancionador nº PO 02/2014, incoado contra Covelo Materiales de Construcción, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da proposta de resolución e non sendo posible a súa práctica, é polo que, e por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, se lle notifica a interesada a resolución do expediente que figura como anexo.

A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, praza da Estrela, s/n, 6ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia desta.

Contra a resolución deste expediente poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación desta cédula, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Vigo, 7 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO 02/2014.

Interesada: Covelo Materiales de Construcción, S.L.

Enderezo: lugar Areas-Ponteareas 36869 (Pontevedra).