Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o outorgamento do permiso de investigación Xanceda número 7138.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que por Resolución do 1 de decembro de 2014 da Consellería de Economía e Industria foi outorgado o permiso de investigación Xanceda número 7138, de 28 cuadrículas mineiras, para a investigación de cuarzo e outros, nos termos municipais de Mesía e Frades, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 17 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña