Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Bricolaje Bricomán, S.L.U.
Domicilio social: avenida Puerta del Sol, 2, parque comercial Plaza Nueva, Edificio Bricomán, Leganés.
Denominación: CS-medida, LMTS e CT de 1.000 kVA.
Situación: parcela K 4c01-1. Cuarteirón K. SUNP nº 40, polígono A Sionlla, rúa do País Vasco, 15890, Santiago de Compostela.
Características técnicas: CS en caseta subterránea prefabricada de formigón, compartida co do centro de medida proxectado, que inclúe 3 interruptores-seccionadores de 24 kVA, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas.
Centro de medida en caseta soterrada prefabricada de formigón equipado con: interrutor-seccionador, protección xeral, equipo de medida e interruptor-seccionador de saída; todo en cabinas metálicas prefabricadas. LMT soterrada de 200 m de lonxitude en cable 12/20 kV de 1×150 Al.
CT de obra civil situado en edificio doutros usos, con trafo de 1.000 kVA, relación 20/0,42 kV, seco. Aparellaxe de manobra e protección en cabinas metálicas prefabricadas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxia e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña