Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 668/2014, do 17 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 17 de xullo de 2014, pronunciou a sentenza número 668/2014, ditada no procedemento ordinario 4474/2011, interposto por Matilde Felisa Caamaño Barreiro, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Beatriz Dorrego Alonso, en nome e representación de Matilde Felisa Caamaño Barreiro, en relación coa Orde do 13 de xullo de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de aprobación definitiva parcial condicionada do PXOM do Concello de Moaña; e declaramos que a ordenación da UA-6 contida no plan non é conforme a dereito, anulámola; sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo