Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2010/705-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícase á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego e Formación do 9 de agosto de 2010.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para alugar ou presentar os documentos que coide pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultaren o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obteren, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Fundación Preescolar na Casa.

Enderezo: Garaballa de Arriba, 9, 27003 Lugo.

Nº de expediente: TR352A 2010/705-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 27 de novembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2. e 9.4 da Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 422,72 €.