1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos multimedia a doentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.
d) Prazo de execución/entrega: 15 anos, computados desde a data da acta de comprobación, e subseguinte inicio da explotación por parte do adxudicatario.
e) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación y procedemento: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Canon:
Para os efectos do presente contrato establécese un canon mínimo anual de 500,00 € para o primeiro exercicio de actividade.
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: si. 1.000,00 €.
6. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente e Lago.
2º. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
c) Admisión de variantes: non se admiten.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura de ofertas:
a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda edificio antiga Xerencia de Atención Primaria A Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.
b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.
c) Data e hora: a data de realización de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 15 de decembro de 2014
Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña