Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a cobertura, por promoción interna, dunha praza vacante de oficial de obras e servizos.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2014, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura da praza vacante que se sinala a continuación, incluída na oferta de emprego público para o ano 2011, aprobada por Resolución da Alcaldía do 10 de marzo e do 12 de decembro de 2011:

Persoal funcionario.

Grupo segundo o artigo 76 e disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril: C2.

Clasificación: escala de Administración especial, clase persoal de oficios.

Denominación: oficial de obras e servizos.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: promoción interna.

Deste modo establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contarse desde a inserción do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.

As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 247, do 23 de decembro de 2014, e corrección de erros no nº 10, do 16 de xaneiro de 2015.

A Illa de Arousa, 19 de xaneiro de 2015

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde