Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial do Parque Ofimático (expediente 631/240/2011).

O Pleno Municipal, en sesión realizada o 22 de decembro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar os informes emitidos polos técnicos municipais ás alegacións formuladas á modificación puntual do Plan parcial S-10 Parque Ofimático do 31 de outubro de 2013, 10 de xullo de 2014 e 22 de setembro de 2014, coas modificacións introducidas polo informe do director de Urbanismo do 15 de outubro de 2014.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado modificación puntual do Plan parcial do S-10 Parque Ofimático, outubro 2014, redactado polos servizos técnicos municipais, coa modificación no plano 8A do 9 de decembro de 2014.

Terceiro. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), para a entrada en vigor do citado plan parcial.

Cuarto. Ordenar a dilixencia da modificación puntual do Plan parcial do ámbito S-10 Parque Ofimático que consta no Servizo Municipal de Urbanismo.

Quinto. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos interesados no expediente, ás áreas municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, e á Oficina de Deliñación e á Asesoría Xurídica Municipal coa finalidade de comunicar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a execución da sentenza firme recaída no procedemento ordinario 4167/2002».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da LOUG tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 22 de xaneiro de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

P.D.
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo