Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican resolucións de expedientes de reintegro de subvencións (expediente TR352B 2009/40-0 e dous máis).

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo as resolucións relativas a expedientes de reintegro das subvencións concedidas mediante resolucións do director xeral de Promoción do Emprego de datas 7 de agosto de 2009, 12 de setembro de 2011 e 30 de setembro de 2011.

Faise saber que os interesados disporán dun prazo de 15 días para que aleguen ou presenten os documentos que consideren pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia das resolucións, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º,15004 A Coruña.

Nº de expediente: TR352B 2009/40-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 7 de xaneiro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2 da Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o
fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG nº 7,
do 12 de xaneiro); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 361,73 €.

Entidade: Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º, 15004 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2011/159-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 10 de novembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG nº 10, do 17 de xaneiro);
artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 15.007,76 €.

Entidade: Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia.

Enderezo: praza do Libro, 10, 7º dereita, 15005 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2011/160-0.

Data da resolución do reintegro parcial: 10 de novembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG nº 10, do 17 de xaneiro);
artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 11.059,11 €.