Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución de perda do dereito ao cobramento e reintegro da subvención concedida no expediente TR332A 2013/44-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo, a resolución de perda de dereito ao cobramento e reintegro da subvención concedida no expediente TR332A 2013/44-0, ao abeiro da Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2013 e 2014 de programas integrados para o emprego (DOG núm. 76, do 19 de abril de 2013).

Faise saber que o interesado poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente na forma e prazo previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de xurisdición contencioso-administrativa. Tamén poderá interpor potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto administrativo na forma e prazo establecidos na lei, de acordo co establecido no artigo 116, seguintes e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º 15004 A Coruña.

Nº de expediente: TR332A 2013/44-0.

Data da resolución de perda de dereito ao cobramento e reintegro da subvención: 29 de decembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigos 12 e 15 da Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2013 e 2014 de programas integrados para o emprego (DOG núm. 76, do 19 de abril de 2013); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 11.920 €.