Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5164

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Galicia para a prestación de diversos servizos de apoio ás pemes comerciais galegas.

29.9.2014

600.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cruz Vermella Española en Galicia para establecer medidas preventivas e de apoio ás persoas que se atopen en situación de pobreza enerxética en Galicia.

19.9.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Feiras-Agafe

6.11.2014

79.963,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Alcoa Inespal, S.A. para melloras ambientais e de eficiencia enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade da Coruña para a investigación e realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia.

23.12.2014

307.900,00 €

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados (Pontevedra) para a realización e financiamento das obras de remodelación da praza de abastos e lonxa vella.

30.12.2014

3.600.000,00 €