Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza de diversas dependencias dos departamentos territoriais desta consellería (expediente 1/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21433

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 209, do 31 de outubro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 76.855,00 €, IVE (21 %): 16.139,55 €. Importe total: 92.994,55 €.

Valor estimado: 153.710,00 € (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 15 de decembro de 2014.

b) Adxudicataria: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Importe: 91.185,60 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 23.12.2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (logo da renuncia á adxudicación do licitador que obtivo a maior puntuación no procedemento).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70 do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar