Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución dos expedientes SAN-CO-0061/2014-SBP e SAN-CO-0073/2014-SBP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos SAN-CO-0061/2014-SBP e SAN-CO-0073/2014-SBP.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución a constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 26.2.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

O prazo para interpoñer o recurso contarase desde a última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expedientes: SAN-CO-0061/2014-SBP e SAN-CO-0073/2014-SBP.

Interesada: Pollos Albariza, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Alvariza, 3, 15210, Noia, A Coruña.