Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (274/2014).

Execución de títulos xudiciais 274/2014

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 75/2014

Demandante: Covadonga Marín Durán

Avogado: Antonio Francisco Millán Calenti

Demandado: Mr Gold, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 274/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Covadonga Marín Durán, contra a empresa Mr Gold, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto o 12 de xaneiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Estimo o recurso de reposición presentado contra o auto do 1.12.2014 e en consecuencia déixase sen efecto e dáse traslado á parte executante, co fin de que no prazo de cinco (5) días emende o defecto, instando, se é o caso, a execución por acordo que non procede despachar orde xeral de execución pecuniaria, debendo, se é o caso, a parte executante instar os tramites previstos no artigo 280 e ss da Lei reguladora da xurisdición social correspondentes ao incidente de non readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Mr Gold, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial