Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2014/218-1 e dous máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, polo que, de conformidade cos artigos 59.5
e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

En cumprimento do artigo 61 da antedita LRXAP e PAC, comunícaselles que neste mesmo prazo poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, Centro Comercial Elviña na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do acto.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2014/218-1.

Acta inf. nº: I152014000062262.

Empresa: Andén de Riazor, S.L.

NIF: B70385893.

Enderezo: avenida da Habana, 21, 15011 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos do 34 ao 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET) e artigos 11, 14 e 15 do Convenio colectivo de hostelaría da provincia da Coruña (BOP do 30.8.2013).

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 17 de outubro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Andén de Riazor, S.L. unha sanción por importe de tres mil cento vinte e cinco euros (3.125 €).

Expediente: RL 2014/256-1.

Acta inf. nº: I152014000072669.

Empresa: Vicman, S.L. Almacén y Distribuciones de Plástico.

NIF: B15507486.

Enderezo: rúa Novoa Santos, 1, 3º, 15006 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET).

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 21 de novembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Vicman, S.L. Almacén y Distribuciones de Plástico unha sanción por importe seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente: RL 2014/314-1.

Acta inf. nº: I152014000076814.

Empresa: Jorge Jesús García Souto.

NIF: 03089897P.

Enderezo: rúa Santa Lucía, 59, 1º B, 15145 A Laracha.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d), 14, 16, 17, 19.1 e 22 da Lei 31/1995, do 8 novembro, de prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 21 de novembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Jorge Jesús García Souto unha sanción por importe de tres mil euros (3.000 €).