Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Ideas Posibles, S.L. (número de censo 36H00795) devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Ideas Posibles, S.L. a Resolución do 16 de decembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00795

Ideas Posibles, S.L.

Rúa Marqués de Valladares, número 37-1º

36201 Vigo

Pontevedra

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Ideas Posibles, S.L., B36790194, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Supostos de feito.

Primeiro. A entidade Ideas Posibles, S.L. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00795, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

SSCF11

Metodoloxía da formación abert

13.1.1999

SSCF30

Xestor de formación

13.1.1999

SSCF40

Técnico de formación

13.1.1999

Segundo. Por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, o 27 de outubro de 2014, requiriuse á entidade Ideas Posibles, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándolle de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. O 25 de novembro de 2014, persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Ideas Posibles, S.L. e comprobou que non existe o devandito centro na rúa Príncipe, núm. 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 27 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación da Ideas Posibles, S.L., B36790194, con número de censo 36H00795, na rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra, coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obrigación de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que Ideas Posibles, S.L. non mantén as instalacións e a estrutura de medios, sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación.

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Ideas Posibles, S.L., número de censo 36H00795, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación