Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal nº 8, 1ª planta, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no prazo de 5 días hábiles (de luns a venres
das 9.00 ás 14.00 horas), para o coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Nº de expediente: 2008/292-5.

Interesada: María Clara da Silva Pintos.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa con data do 5 de decembro de 2014.

Vigo, 7 de xaneiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo