Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (410/2014).

Actos preparatorios 410/2014

Sobre: actos preparatorios e medidas precautorias

Demandante: Unión Sindical Obrera de Galicia

Abogada: Natalia Erviti Álvarez

Demandada: Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de actos preparatorios 410/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Unión Sindical Obreira de Galicia contra Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre actos preparatorios e medidas precautorias, se ditou auto en data 10.12.2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva

Acordo: decláranse finalizadas as actuacións acordadas e, unha vez firme a presente resolución, procédase ao arquivamento do procedemento.

Lévese testemuño do presente ao procedemento da súa razón e o orixinal ao libro correspondente de autos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Protección y Vigilancia Galaica, S.A., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial