Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres DX-00157-I-2014.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o acordo de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciouse, co número que se indica, o correspondente expediente sancionador que pode dar lugar á imposición da sanción que tamén se cita.

Fáiselle saber o dereito que a asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que considere conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coide oportuna no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lle sirva de notificación a interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00157-I-2014

6253-HCJ

Axente de inspección DX/003

Hormigaex, S.L.

B32407017

Avenida 25 de Xullo, 27, 3º C

32500 O Carballiño, Ourense

A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT.

17.11.2014; 10:00

Art. 140.32 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001