Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01503-S-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que a xefa territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 14 de xaneiro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01503-S-2014

8583-HCL

Policía Autonómica 87874 - 94363

Manuel Fiuza Fernández

76702857L

Lugar Barra de Miño, 9

32152 Coles, Ourense

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

25.6.2014; 11.20; OU-304 (avda. Portugal, 78, Xinzo de Limia)

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros