Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (SSS 75/2013).

Seguridade Social 75/2013

Sobre Seguridade Social

Demandantes: Juan Manuel Rodríguez Lamas

Avogada: Alicia Muíño Pose

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Fremap Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 75/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminios sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Fago saber que por resolución ditada no día 14 de xaneiro de 2015, no proceso seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas, rexistrado co número SSS 75/2013, acordouse citar a R. L. de Semar Aluminio, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 24 de febreiro de 2015 ás 11.10 horas para a celebración de xuízo, e que pode facelo persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado».

E para que sirva de citación a R. L. de Semar Aluminio, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial