Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015 pola que se lles comunica o inicio de procedemento de incumprimento e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento aos titulares de varios expedientes.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por medio desta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes nos cales se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

I1/06.2080.0367.N.0540006747

Complejo Apartamentos Las Sirenas, S.L.

Convenio Igape-ICO-EEFF (Resolución do 6 de abril de 2006, DOG núm. 73, do 17 de abril)

14.10.2014

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento parcial e resolución de retención de pagamentos

IG114.2010.1.62

Asociación Gran Área Comercial del Agra del Orzán

Axudas a proxectos de iniciativas abertas de difusión (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 73, do 20 de abril)

14.10.2014

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos