Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 84 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección, a Área Provincial de Ourense comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes e poidan examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Ourense da Axencia Turismo de Galicia.

Ourense, 20 de xaneiro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Casa Rial.

Titular: María Ángeles Domínguez Lorenzo.

Enderezo: estrada de Reza, s/n.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar La Cava.

Titular: Sánchez B., Plácido y Otro.

Enderezo: praza de Vigo, nº 10.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Enrique.

Titular: Enrique González Martínez.

Enderezo: rúa Lepanto, nº 22.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar A Lenda.

Titular: Fernando Presas de Prado.

Enderezo: rúa Irmáns Villar, nº 12.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar A Chilipu.

Titular: A Chilipu, S.C.

Enderezo: Lugar O Corgo-Mugueimes.

Concello: Muíños.

Establecemento: Café-Bar O Rincón do Moncho.

Titular: Ramón García Pedrouzo.

Enderezo: rúa Mosquera-Galerías Magariños, nº 10.

Concello: O Carballiño.