Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4509

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o terceiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data da sinatura

Descrición

Importe total

15.12.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos do máster propio en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física.

19.12.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos do grao en Nutrición Humana e Dietética.