Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración da capela de Santa Comba das Pías, no concello de Sobrado, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21826

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras.

Descrición: restauración da capela de Santa Comba das Pías, no concello de Sobrado (A Coruña), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

3. Orzamento base de licitación: 164.192,01 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 23 de decembro de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Desarrolla Obras y Servicios, S.L.

d) Importe de adxudicación: 156.800,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria