Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica de segunda modificación do proxecto da LAT 132 kV D/C subestación Pena Grande-subestación Lomba, no termo municipal de Muras (expediente 012/2002 AT).

O día 12 de novembro de 2014, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica de segunda modificación do proxecto da LAT 132 kV D/C subestación Pena Grande-subestación Lomba (DOG do 2 de decembro de 2014), que afecta o concello de Muras, na provincia de Lugo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se publica tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Muras, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 26 de setembro de 2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 25 de setembro de 2013 e no Diario Oficial de Galicia do 23 de setembro de 2013, para que comparezan no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Muras, estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán vir acompados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese efectuar, e así entender as dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 20 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parcela nº

Ref. catastral

Propietario/a

Tipo
cultivo

Afección

Voo

Apoio

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Superficie expropiada

Superficie ocupada

Superficie para expropiar

Superficie expropiada

Superficie ocupada

Superficie para expropiar

86

20

182-221

Antonio Chao Pernas

Castelo, 23, Magazos

27850 Viveiro, Lugo

MB

460

580

120

 

 

 

117

21

192-194-196

José Prieto Prieto

Rúa da Feira, 12-14, 1º esq.

27800 Vilalba, Lugo

MB

100

331

231

 

 

 

117A

21

196-199

Magdalena López Picos

Estrada Castela,58-64, porta B, 7º, 3, 15404 Ferrol, A Coruña

MB

180

294

114

 

 

 

120

21

202-203

Elías López López

Linares Rivas, 30

15570 Narón, A Coruña

Antonio Ramudo Vázquez

A Pereira, 2, 27836 Muras, Lugo

MB

540

592

52

 

 

 

121

21

201-202

Magdalena López Picos

Estrada Castela, 58-64, porta B, 7º, 3, 15404 Ferrol, A Coruña

PR

520

641

121

15

48

33

127

21

207-208

Elías López López

Linares Rivas, 30

15570 Narón, A Coruña

Antonio Ramudo Vázquez

A Pereira, 2, 27836 Muras, Lugo

MB

 

 

 

0

15

15

128

21

208

Magdalena López Picos

Estrada Castela, 58-64, porta B, 7º, 3, 15404 Ferrol, A Coruña

MB

 

 

 

0

45

45