Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4116

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de postos de traballo para cubrir 2 (dúas) prazas mediante contrato temporal de revezamento ao 75 % da xornada.

Dúas prazas de oficial de mantemento-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 15 de xaneiro de 2015

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo