Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento negociado con publicidade, do servizo consistente nos traballos de comprobación das condicións de subvencionalidade de operacións e gastos financiables polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contrato cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Xestión.

2) Enderezo: r/ dos Feáns, 7, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfonos: 981 95 70 42 e 981 95 70 14.

5) Fax: 981 54 10 39.

6) Enderezo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7) Enderezo da internet del perfil del contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8) Data límite de obtención de documentación e información: o derradeiro día de presentación das solicitudes de participación.

d) Número de expediente: GAIN 2014/5.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de traballos de comprobación das condicións de subvencionalidade de operacións e gastos financiables polo programa operativo Feder 2007-2013 de Galicia.

c) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de ejecución/entrega: un ano a partir da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79212000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 87.500 €.

5. Orzamento base de licitación: 105.875 €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.640.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para o exercicio 2015.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados na cláusula M da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: acreditación da non incompatibilidade.

Requirirase unha declaración responsable manifestando que non realizou traballos incompatibles coas tarefas que se van realizar. Serán incompatibles os traballos de verificacións administrativas realizados no marco das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios e á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos artigos 60 e 62 respectivamente do Regulamento 1083/2006, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas aos fondos comunitarios.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data: 10 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

b) Presentación das solicitudes: presentaranse no sobre A cos requisitos sinalados no número 10 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2) Enderezo: r/ dos Feáns, 7, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG.

10. Outras informacións:

a) Poden obtenerse os pregos na páxina do perfil do contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación