Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación do estudo de detalle.

Aprobado inicialmente por Resolución da Alcaldía do 26 de decembro de 2014 a modificación do estudo de detalle de ordenación das parcelas 19A’’, 19C’ e 23C’ do polígono industrial de Rábade, proxecto redactado polo arquitecto José Antonio Mouriz Silva.

Sométese en cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, a información pública polo prazo vinte días soltos, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, durante o dito prazo poderán os interesados examinar o expediente na Secretaría do Concello, en horas de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións ou suxestións que consideren pertinentes.

Rábade, 26 de decembro de 2014

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde