Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación para a subministración e instalación de bombas de augas residuais.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración e instalación de bombas de augas residuais no concello de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: un (1) mes.

Código CPV: 42122220-8 (bombas de augas residuais), 44163000-0 (tubaxes e accesorios).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 70.213,97 €. IVE (21 %): 14.744,93 €. Total (IVE incluído): 84.958,90 €.

Valor estimado do contrato: 70.213,97 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finalice o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, (Praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000€, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 30 de decembro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde