Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3797

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de xaneiro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 17 de novembro de 2014 (DOG núm. 225, do 24 de novembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de xaneiro de 2015 ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Núm.

Código do posto

Nv.

Grupos

Corpo/escala

Denominación posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación específica

Observacións

1

ED3010000215770011

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a arquivos

CU

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

S. X. de Arquivos

Santiago de Compostela

Axudante sección arquivos (R.I.)

 

2

EDC995030115001020

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo do Reino de Galicia

A Coruña

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

3

EDC995030115001021

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de arquivos

ED

Servizos periféricos

Arquivo do Reino de Galicia

A Coruña

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

4

EDC995030127001011

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo Lugo

Lugo

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

5

EDC995030132001010

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de arquivos

ED

Servizos periféricos

Arquivo Ourense

Ourense

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

6

EDC995030136001007

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo de Pontevedra

Pontevedra

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

7

EDC995030227001011

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo Xeral Territorial Lugo

Lugo

Axudante sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

8

PRC991000127001200

18

A2

Especial (escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos)

Técnico/a medio/a arquivos

PR

Servizos periféricos

Edificios xudiciais (Lugo)

Lugo

 

 

9

PRC991000132001200

18

A2

Especial (escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos)

Técnico/a medio/a arquivos

PR

Servizos periféricos

Edificios xudiciais (Ourense)

Ourense