Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3698

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía.

15.000

13.11.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e as oficinas liquidadoras de Distrito Hipotecario da provincia da Coruña.

Sen achega económica

28.11.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Politécnica Española de Diplomados por Escolas Nacionais non Oficiais e Escolas Estranxeiras (Fedine) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.12.2014