Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2011/16-2, 7854 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Eléctrica de Ver, S.L.

Domicilio social: Ribas Pequenas nº 11. Bóveda (Lugo).

Denominación: modificado LMT ao CT Ribas Pequenas (cruzamento co corredor Sarria-Monforte p.q. 17+620).

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas:

Reforma da LMT ao CTI Ribas Pequenas, consistente no soterramento entre os apoios 1 e 2 da citada LMT con orixe no apoio de formigón proxectado nº 1, tipo HVH15/1.600, no cal se instala un paso aéreo a soterrado e final no apoio de formigón proxectado nº 2, tipo HVH 13/1600, no cal se instala outro paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 173 metros de condutor tipo RHZ-95 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 24 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo