Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/215).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Adif Alta Velocidad.

Domicilio social: Sor Ángela de la Cruz, 3 planta 9, 28020 Madrid.

Denominación: subestación eléctrica de tracción de Osebe (SE-Osebe) para a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña.

Situación: p.q. 88+0,50 do tramo ferroviario Santiago-A Escravitude (Ames).

Características técnicas: subestación eléctrica de tracción de Osebe (SE Osebe) para o tramo Santiago-Vigo da liña de alta velocidade Vigo-A Coruña, sita na marxe esquerda, no p.q. 88+0,50 do tramo Santiago-A Escravitude, constituída por parque de AT de 220 kV, transformadores de tracción 220/2×27,5 kV, edificio de control, pórticos de saída de feeders e armario de barra O. Subestación de tipo dobre bifásica alimentada a través de dúas liñas soterradas en corrente alterna bifásica 220 kV desde a rede de transporte (obxecto doutro expediente), con dous transformadores 220/2×27,5 kV, de 30 MW cada un, intemperie, illamento en aceite. Transformador de servizos auxiliares 27,5/230 V, 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña