Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3378

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no terceiro cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Número: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Inega e Sotavento Galicia, S.A. para a realización dun novo sistema de control para aeroxeradores descatalogados polos fabricantes.

Obxecto: a realización dun prototipo dun novo sistema de control para un modelo de aeroxerador descatalogado, pero dentro da súa vida útil, coa finalidade de prolongar a súa vida cara a optimizar o uso do recurso eólico con investimentos non moi cuantiosos.

Sinatura: 3 de setembro de 2014.

Importe: 60.000 €.