Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se fan públicos varios acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de xaneiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014 (DOG núm. 81, do 29 de abril), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de vinte (20) puntos.

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal