Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de anuncio de licitación (expediente As-57/2014).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde delegada de Contratación, do 8 de xaneiro de 2015, de aprobación de novo prego de prescricións técnicas regulador da contratación, mediante procedemento aberto con diversos criterios de valoración, do servizo de desenvolvemento e xestión dos distintos campamentos municipais dirixidos a menores durante o ano 2015, por lotes, rectifícase o anuncio publicado nese Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro de 2014, páxina 47350, exclusivamente no sentido de iniciar un novo prazo de presentación de ofertas.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Reglamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública