Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de anuncio de licitación (expediente CON-9/2014).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde delegada de Contratación, do 8 de xaneiro de 2015, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación, mediante procedemento aberto con diversos criterios de valoración, da xestión de servizo público de axuda a domicilio do Concello da Coruña, mediante concerto (SAD III), rectifícase o anuncio publicado nese Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro de 2014, páxina 52442, exclusivamente no sentido de iniciar un novo prazo de presentación de ofertas.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública