Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3444

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de concesión de obra pública para a reforma, mellora, ampliación e explotación do complexo deportivo (piscina municipal) de Campolongo, e para a construción e explotación dun complexo deportivo na Parda (piscinas ao aire libre), no concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Administración do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Administración do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

2º. Enderezo: rúa Juan Manuel Pintos, s/n.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36005.

4º. Teléfono: 986 87 20 13. Telefax: 986 86 25 90.

5º. Correo electrónico: imdadministracion@pontevedra.eu

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.pontevedra.eu

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación de proposicións, de conformidade co establecido no artigo 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de obra pública.

b) Descrición do obxecto: concesión de obra pública para a reforma, mellora, ampliación e explotación do complexo deportivo (piscina municipal) de Campolongo, e para a construción e explotación dun complexo deportivo na Parda (piscinas ao aire libre), no municipio de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: na Parda (municipio de Pontevedra) na parcela de propiedade municipal situada na Parda dentro do predio catastral 0169003NG3906N001XX, cuxa localización concreta se determina no anteproxecto de construción e explotación que rexe este contrato, así como en Campolongo (municipio de Pontevedra) na parcela de propiedade municipal situada en Campolongo dentro do predio catastral 9375001NG2997N001TJ, cuxa localización concreta se determina no anteproxecto de construción e explotación que rexe este contrato.

e) Prazo de execución/entrega. Duración do contrato: 40 anos.

f) Admisión de prórrogas: non se prevén no contrato.

g) CPV (referencia de nomenclatura): CPV 45212200-8 traballos de construción de instalacións deportivas, 45212290-5 reparación e mantemento de instalacións deportivas, 45242100-6 traballos de construción de instalacións para deportes acuáticos, 92610000-0 servizos de explotación de instalacións deportivas e similares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: pluralidade de criterios. O seu establecemento e valoración establécese nos artigos 21 e 22 do prego de cláusulas administrativas particulares. Son os seguintes:

• Criterios dependentes do xuízo de valor:

1º. Sobre o anteproxecto municipal (melloras). A Parda. Ata 15 puntos.

2º. Proxecto de xestión e explotación conxunta de ambos os complexos. Ata 30 puntos.

• Criterios de aplicación automática:

1º. Sobre o anteproxecto municipal (melloras). A Parda. Ata 20 puntos.

2º. Sobre o anteproxecto municipal (melloras). Campolongo. Ata 15 puntos.

3º. Cadro de tarifas proposto. Ata 15 puntos.

4º. Mellor canon ofertado. Ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 5.470.591,88 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto e total: 0 euros, posto que o adxudicatario non está obrigado a pagar canon salvo que o inclúa na súa oferta.

6. Garantías exixidas. Provisional (importe): non se exixe. Definitiva (%): 5 % do valor estimado do contrato (273.529,59 euros).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A solvencia económica e financeira poderá acreditarse por un dos seguintes medios:

1º. Informe de institucións financeiras.

Criterio de selección: entenderase cumprida a solvencia cando do informe da institución financeira se poida deducir que o licitador mostra unha situación económica solvente para a execución do contrato. Deberá mencionarse expresamente nese informe este contrato.

2. Tratándose de persoas xurídicas, ademais do medio anterior poderán acreditala mediante a declaración sobre o volume de negocios no ámbito das actividades correspondentes ao obxecto do contrato, referido como máximo aos 3 últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario. Así mesmo, deberá xuntar a documentación que xustifique esta declaración.

Criterio de selección: entenderase cumprida a solvencia cando a cifra de negocio neta referida represente polo menos o 50 % do valor estimado do contrato.

No suposto en que liciten persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades, poderán ter en conta as sociedades pertencentes ao grupo, sempre e cando aquelas acrediten que teñen efectivamente a libre e plena dispoñibilidade dos medios necesarios das sociedades do grupo para a execución do contrato.

b) A solvencia técnica poderá acreditarse da seguinte forma:

1º. A solvencia técnica acreditarase mediante a relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres (3) e cinco (5) anos que inclúa importe, datas e o destinatario público ou privado, obxecto do servizo ou traballo, deles, así como certificados acreditativos destes.

2º. Criterio de selección: os licitadores como mínimo deberán ter realizado os seguintes traballos ou servizos:

– Nos últimos cinco (5) anos, a execución de obras de edificación, entendendo por tales as que se definen no artigo 2 da Lei 38/1999, de ordenación da edificación, por un importe total equivalente ao valor estimado do contrato. Non será necesario acreditar isto de dispor da clasificación contractual no grupo C, subgrupo 2, categoría f).

– E, nos últimos tres (3) anos, a xestión dunha instalación deportiva, que inclúa obrigatoriamente unha piscina, cuxos ingresos brutos anuais sexan superiores a 976.153,00 euros (IVE incluído) (representa o 50 % dos ingresos dun ano tipo deste contrato). Esta xestión puido terse realizado mediante un contrato de concesión de obra pública, xestión de servizos públicos ou de servizos ou calquera outro, que sexa idóneo para que o contratista preste e xestione instalacións deportivas, sexan de titularidade pública ou privada. Así mesmo, o contrato pode estar en execución, finalizado ou estar en situación de prórroga ou continuidade, sempre e cando se prestase como mínimo 1 ano completo destes servizos dentro dos tres (3) últimos anos, ata que finalice o prazo de presentación de proposicións. A cifra de ingresos debe referirse á totalidade da instalación ou complexo deportivo por todos os servizos que se prestan nel.

Polo que se refire á documentación que deben achegar os licitadores para acreditar a solvencia técnica e a posibilidade de integrar a solvencia, observarase o disposto no artigo 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo para presentar as proposicións será o maior que resulte dos seguintes:

– 26 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns no que deba selo (BOP, DOG e BOE) ou no perfil de contratante municipal (www.pontevedra.eu).

– 45 días naturais contados desde a data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais da Unión Europea.

b) Modalidade de presentación: deberase achegar a documentación indicada no artigo 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: no Rexistro Xeral do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra das 8.30 ás 13.30 horas, e se é sábado no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra das 9.00 ás 13.00 horas.

2º. Enderezo: o Rexistro Xeral do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra está situado na rúa Juan Manuel Pintos, s/n, Pontevedra, e o Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra está situado na rúa Michelena, nº 30.

3º. Localidade e código postal: o Rexistro Xeral do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra está situado na localidade de Pontevedra, código postal 36005 e o Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra está situado en Pontevedra, código postal 36071.

4º. Enderezo electrónico: imdadministracion@pontevedra.eu

d) Admisión de variantes: si, conforme se especifican nos pregos que rexen o contrato.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: acto público de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: rúa Michelena, 30 (sala de reunións).

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

d) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar o segundo día hábil, non sábado, posterior ao de conclusión do prazo de presentación de proposicións e o sobre C, cando determine a mesa de contratación, conforme o sinalado no artigo 26 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xaneiro de 2015.

12. Condicións especiais de execución: con independencia das obrigas esenciais determinadas como tales nos pregos de cláusulas, así como dos incumprimentos que poidan dar lugar á resolución do contrato, determínanse como condicións especiais de execución, de conformidade co artigo 118 do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público:

– Os compromisos de calidade determinados no artigo 7.b) dos pregos de prescricións técnicas particulares, especialmente os de tipo ambiental.

– As obrigas respecto ao persoal adscrito á prestación, total ou parcialmente, que se precisan no artigo 7.g) dos pregos de prescricións técnicas particulares e, en xeral, a adaptación á normativa laboral, ou melloras alcanzadas por negociación individual ou colectiva. Os incumprimentos poderán considerarse como infraccións graves ou incluso causa de resolución contractual, segundo se sinala nos artigos 51.b) e 58 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

13. Outras informacións.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas particulares, así como o anteproxecto de construción e explotación aprobados pola Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra que rexen este contrato, están publicados e dispoñibles no perfil de contratante do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra: www.pontevedra.eu, desde a data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea ata como mínimo que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2015

Agustín Fernández González
Presidente del Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra