Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/68/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/68/2013-RP1 a David Estévez García, José Luis Fariña Conde e herdeiros de Cristina Sofía Mosquera López, en relación coas obras consistentes na construción de muro de contención e alteración de rasante, que se levan a cabo no camiño de Altamira, Os Cotros, San Pedro da Ramallosa, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística