Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2015 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído de varias estradas da rede autonómica de Galicia da zona de Lugo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á rede autonómica de estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense a información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona de Lugo

Treito

Clave

Concello

LU-530

Lugo-A Fonsagrada (LU-701)

0+000 ao 3+370

LU/13/041.09.1

Lugo

LU-539

Viveiro (LU-862)-Viveiro (LU-540)

0+000 ao 0+990

LU/13/041.09.2

Viveiro

LU-662

Antiga rolda de Monforte

0+000 ao 1+210

LU/13/041.09.3

Monforte de Lemos

LU-664

Monforte (LU-546)-Monforte (N-120A)

0+000 ao 1+540

LU/13/041.09.4

Monforte de Lemos

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no cal poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos deste anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente á actuación a que van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, nº de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas