Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3241

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no segundo cuadrimestre do ano 2014.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Importe

Data da firma

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha (Conumar) para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

15.000 €

6 de xuño de 2014

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o reforzo da Oficina de Consumo con que conta a Fegamp en materia de comercialización eléctrica aos concellos

18.750 €

18 de xullo de 2014

Addenda ao convenio da Universidade da Coruña co Instituto Galego de Consumo para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña no Laboratorio de Consumo de Galicia

31 de xullo de 2014