Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014298PAOS-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 9 de decembro de 2014, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador número 2014298PAOS-PO incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Berta Darriba Martínez, con DNI 36068796N.

Segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselle a Berta Darriba Martínez o contido da referida proposta que figura como anexo.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, número 43-1º andar e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO:

Número do expediente: 2014298PAOS-PO.

Denunciada: Berta Darriba Martínez, con DNI 36068796N.

Último enderezo coñecido: rúa Cochón, número 47 interior, 36690 Arcade, Soutomaior (Pontevedra).

Feitos imputados: non cumprir co establecido nos artigos 5 e 7 do Decreto 42/1998,
do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, modificado polo Decreto 11/2011, do 20 de xaneiro, e no artigo 3 do Real decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

Tipificación: dúas presuntas infraccións administrativas tipificadas como graves no
artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: trinta mil cincuenta euros con sesenta céntimos (30.050,60 €).