Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribas de Sil (expediente IN407A 2014/52-2, 8188 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Avimoa, S.C.

Domicilio social: O Outeiro, 6, San Clodio-Ribas de Sil.

Denominación: LMT, CT e RBT para subministración a granxa.

Situación: concello de Ribas de Sil.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 50 correspondente á LMTA SEQ-807 e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado nº 1, cunha lonxitude de 44 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no paso aéreo a subterráneo proxectado nº 1 e final no paso aéreo a subterráneo proxectado nº 2, cunha lonxitude de 760 metros en condutor RHZ1-150 mm.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no paso aéreo a subterráneo proxectado nº 2 e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 49 metros en condutor tipo LA-56.

4. Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

5. Liña de baixa tensión subterránea, con orixe no CTI e final na caixa de protección e medida, cunha lonxitude de 6 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 5 de xaneiro de 2015

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial