Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2530

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.

No DOG número 6, do 12 de xaneiro de 2015, publicouse a Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.

Advertidos erros materiais na listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial, publicada pola citada resolución, e de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase proceder á súa corrección e á publicación de novo da citada listaxe definitiva nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na intranet de Xustiza.